Diagnose e tratamento da osificación heterotópica neuroxénica: patente nº EP 23382063
O termo osificación heterotópica (OH) fai referencia á formación de oso laminar maduro en tecidos brandos extra-esqueléticos. Atendendo á súa etioloxía, a OH clasifícase en xenética e adquirida. Dentro da variante adquirida destaca, pola súa alta incidencia, a OH neuroxénica (OHN).
A OHN é unha das complicacións máis frecuentes tras sufrir unha lesión no sistema nervioso, coma un traumatismo cranioencefálico ou unha lesión medular, asociada a unha fractura de óso longo. A fisiopatoloxía da OHN permanece a día de hoxe descoñecida. Sen embargo, suxeriuse que os factores neuroinmunolóxicos liberados polo cerebro e o sistema nervioso periférico danados poderían desempeñar un papel crucial no desenvolvemento desta patoloxía.
A pesares da alta incidencia da OHN, o seu diagnóstico baséase na recolección dunha serie de signos y síntomas inespecíficos da patoloxía (p. ex. dor, tumefacción, limitación de movemento, evidencia radiográfica de formación de masas óseas ectópicas, etc.) unha vez que o oso ectópico xa se formou. Ademais, as terapias actuais para erradicar o óso ectópico presentan unha baixa efectividade e, as que a presentan, son altamente agresivas e están asociadas con numerosos efectos secundarios e complicacións.
En esta patente centrámonos na prevención da OHN a través da identificación de novos marcadores séricos que permitan predicir o desenvolvemento da mesma, así como na busca de novas ferramentas terapéuticas que permitan reducir os niveis dos biomarcadores identificados. En relación con isto, o noso grupo identificou un biomarcador potencialmente relacionado co desenvolvemento da OHN, e actualmente centrámonos no estudo e desenvolvemento de novas terapias para reducir os niveis do mesmo.
Cambios morfolóxicos inducidos polos factores neuroxénicos nas células pre-osteoblásticas.
Descrición da patente
Identificar novos biomarcadores séricos que permitan predicir o desenvolvemento da OHN, así como desenvolver novas terapias que teñan como diana terapéutica os biomarcadores identificados.
Aplicabilidade
– Prevención da OHN a través de biomarcadores detectados nos soros dos pacientes con potencial risco de desenvolver OHN.
– Tratamento preventivo da OHN.
Estado actual da patente
Actualmente atópase aberto o período de solicitude de licencia da patente para aqueles interesados na súa explotación comercial. A titularidade actual da patente perténcelle ó Servizo Galego de Saúde (SERGAS), á Fundación Instituto de investigación sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) e á universidade de Santiago de Compostela (USC).
Contacto
Mabel Sampedro Parada
mabel.sampedro.parada@sergas.es
+34 981 951 195 (ext. 251 195)