Patentes

Diagnose e tratamento da osificación heterotópica neuroxénica: patente nº EP23382063

O termo osificación heterotópica (OH) fai referencia á formación de oso laminar maduro en tecidos brandos extra-esqueléticos.  Na actualidade non se dispón de ningún marcador que permita  a súa diagnose. Ademais, as terapias actuais para erradicar o óso ectópico presentan unha baixa efectividade e, as que a presentan, son altamente agresivas e están asociadas con numerosos efectos secundarios e complicacións. Esta patente céntrase na identificación dun biomarcador potencialmente relacionado co desenvolvemento da OHN, así coma a procura de novas ferramentas terapéuticas.

Novo tratamento para o crecemento anómalo óseo: patente nº EP19382094

A osificación heterotópica consiste no crecemento anómalo de óso en tecidos brandos onde non debería habelo. Esta condición pode ser de orixe xenético ou adquirido e afecta enormemente á calidade de vida dos pacientes. Actualmente non existe tratamento para abordar esta enfermidade dende a raíz, nin para evitar as súas recidivas poscirurxía. O noso grupo patentou unha terapia que modifica o equilibrio entre óso e graxa inhibindo desta forma o crecemento óseo e as súas complicacións asociadas.

Novos principios activos para bloquear as respostas inmunes innatas mediadas polos receptores TLR4 e IL1R, ademáis das respostas mediadas pola COX1/2 e o RBP4: nº EP 22382696.7

A inmunidade innata desempeña un papel esencial na patoxenia e progresión de múltiples patoloxías reumáticas, pero tamén doutras enfermidades como a COVID-19, sepse, fibrose, etc. Pola contra, as ferramentas farmacolóxicas dispoñibles ata a data de hoxe para controlar as respostas inmunes innatas son escasas e pouco eficaces. Polo tanto, nesta nova patente ofrecemos novos principios activos cunha sobresaínte actividade para controlar a activación do sistema inmune innato nos disitintos contextos patolóxicos.

Novos implantes óseos dopados farmacoloxicamente

O tratamento de múltiples procesos patolóxicos que afectan ó óso e ás articulacións (fracturas, dexeneración articular, etc.) requiren da colocación de implantes óseos. Unha porcentaxe significativa destes implantes fracasan e deben ser substituídos, co coste humano e económico que isto supón. Relacionáronse diversas causas co fracaso dos implantes, entre elas destacan a mala osteointegración, afrouxamento aséptico, inflamación periimplante, e deficiencias óseas locais. Ante este problema, nesta nova patente ofreceremos unha nova xeración de implantes tratados farmacoloxicamente que poidan previr o fracaso do implante e facilitar unha medicina personalizada con implantes adaptados ás necesidades dos pacientes.