O obxectivo das diferentes liñas de investigación do Grupo de Patoloxía Musculoesquelética son as enfermidades que afectan de maneira máis prevalente ó aparato locomotor. Entre estas patoloxías cabe destacar a artrose, a osteoporose, a osificación heterotópica, a espondilite anquilosante, a gota, etc
As liñas do laboratorio pódense agrupar en 5 grandes áreas de coñecemento:
- Novas abordaxes farmacolóxicas para a artrose e outras enfermidades inflamatorias reumáticas.
- Estudo e modulación farmacolóxica do metabolismo óseo.
- Busca de biomarcadores proteicos e celulares para a caracterización e diagnóstico da osificación heterotópica.
- Dopaxe farmacolóxica de implantes para a abordaxe cirúrxica de patoloxías como a artrose.
- Estudos de factores ambientais, iatroxénicos ou metabólicos nocivos para o sistema musculoesquelético.
01
Novas abordaxes farmacolóxicas para a artrose e outras enfermidades inflamatorias reumáticas.
Esta liña baséase no estudo do potencial reposicionamento de fármacos para o control dos procesos inflamatorios e catabólicos articulares. Do mesmo modo, indáganse novos principios activos naturais como potenciais ferramentas farmacolóxicas para a mesma fin.
02
Estudo e modulación farmacolóxica do metabolismo óseo.
Esta liña céntrase no estudo das modificacións no equilibrio osteoblasto-adipocito no eido das alteracións óseas de diversas patoloxías reumáticas. Ademais, investíganse diferentes abordaxes terapéuticas, como o reposicionamento farmacolóxico para algunhas destas alteracións, entre as que destacan a osificación heterotópica.
03
Busca de biomarcadores proteicos e celulares para a caracterización e diagnóstico da osificación heterotópica.
Nesta liña centrámonos na procura de biomarcadores proteicos e celulares que permitan caracterizar e establecer un diagnóstico precoz da osificación heterotópica. Ademais, investíganse as principais rutas involucradas no crecemento anómalo de óso, así como as posibles abordaxes terapéuticas para frear a súa formación.
04
Dopaxe farmacolóxica de implantes para a abordaxe cirúrxica de patoloxías como a artrose.
Nesta liña centrámonos no estudo de diferentes procedementos técnicos e fármacos susceptibles de ser utilizados para a dopaxe farmacolóxica de implantes. O obxectivo é conferirlles a estes implantes novas propiedades biolóxicas ata agora inéditas na práctica clínica (potencial para unha medicina personalizada)
05
Estudo dos factores ambientais, iaotroxénicos ou metabólicos nocivos para o sistema musculoesquelético.
Esta liña céntrase noestudo de diferentes compostos naturais que, dada a súa elevada presencia en alimentos altamente consumidos, poidan presentar consecuencias nocivas para os diversos tecidos do aparato locomotor. Ademais, realízase esta mesma tarefa con fármacos con potencial para alterar a homeostase dos tecidos musculoesqueléticos. Finalmente, partindo do notable vínculo entre as alteracións metabólicas e múltiples patoloxías musculoesqueléticas, estúdanse os diversos factores metabólicos que poidan exercer efectos deleterios sobre estes mesmos tecidos.