Diagnóstico e tratamento da osificación heterotópica neuroxénica: patente nº EP 23382063
El término osificación heterotópica (OH) hace referencia a la formación de hueso laminar maduro en tejidos blandos extraesqueléticos. Atendendo á súa etioloxía, a OH clasifícase en xenética e adquirida. Dentro da variante adquirida destaca, pola súa alta incidencia, a HO neuroxénica (OHN).
A OHN é unha das complicacións máis frecuentes tras sufrir unha lesión no sistema nervioso, como un traumatismo cranioencefálico ou unha lesión medular, asociada a unha fractura de óso longo. A fisiopatoloxía da OHN permanece hoxe en día descoñecida. Porén, suxeriuse que os factores neuroinmunolóxicos secretados polo cerebro e o sistema nervioso periférico danados poderían desempeñar un papel crucial no desenvolvemento desta patoloxía.
A pesar da alta incidencia da OHN, o seu diagnóstico baséase na recopilación dunha serie de signos e síntomas inespecíficos da patoloxía (p. ex. dor, tumefacción, limitación de movemento, evidencia radiográfica de formación de masas óseas ectópicas, etc.) unha vez que o óso ectópico xa se formou. Ademais, as terapias actuais para erradicar o óso ectópico presentan unha baixa efectividade e, as que a presentan, son altamente agresivas e están asociadas con numerosos efectos secundarios e complicacións.
Nesta patente centrámonos na prevención da OHN a través da identificación de novos marcadores séricos que permitan predicir o seu desenvolvemento, así como na procura de novas ferramentas terapéuticas que permitan reducir os niveis dos biomarcadores identificados. En relación con isto, identificamos un biomarcador potencialmente relacionado co desenvolvemento da OHN e estamos a traballar no desenvolvemento de novas terapias para reducir os seus niveis.

Cambios morfolóxicos inducidos polos factores neuroxénicos nas células preosteoblásticas.
Descripción da patente
Identificar novos biomarcadores séricos que permitan predicir o desenvolvemento da OHN, así como desenvolver novas terapias que teñan como diana terapéutica os biomarcadores identificados.
Aplicabilidade
– Prevención da OHN a través de biomarcadores detectados en soros de pacientes con potencial risco de desenvolver OHN.
– Tratamento preventivo da OHN
Estado actual da patente
Actualmente atópase aberto o período de solicitude de licencia da patente para aqueles interesados na súa explotación comercial. A titularidade actual da patente pertence ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) e á Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Contacto
Mabel Sampedro Parada
mabel.sampedro.parada@sergas.es
+34 981 951 195 (ext. 251 195)
