04

Dopaxe farmacolóxica de implantes para a abordaxe cirúrxica
Figura 1: Cultivo celular de células nai mesenquimales alineadas sobre o patrón nanotexturizado en implantes Titanio/Tantalio.

Dopaxe farmacolóxica de implantes para a abordaxe cirúrxica de patoloxías como a artrose.

 

A artrose é a enfermidade reumática crónica máis prevalente. Caracterízase por unha degradación progresiva da cartilaxe articular que desemboca no fracaso da articulación, dor e nunha gran dependencia funcional. Como consecuencia destes síntomas, a cirurxía de reemprazo articular é a única terapia eficaz para mellorar a clínica dos pacientes nos estadios avanzados da enfermidade. Sen embargo, esta abordaxe non está exenta de complicacións. De feito, ata un 12% dos implantes fracasan debido principalmente a dúas grandes causas: ás infeccións no lugar da operación (as cales poden desencadear nunha sepse) e ó afrouxamento aséptico da prótese. Para manexar ambas situacións sería preciso realizar unha nova cirurxía de reemprazo articular cos riscos que isto implica, sobre todo en pacientes de idade avanzada.

O noso grupo desenvolveu unha liña de investigación para previr e reducir a incidencia destas complicacións, facendo especial fincapé na prevención do afrouxamento aséptico, fronte ó cal non existe a día de hoxe ningún tratamento. Dentro de ela, traballamos en dous obxetivos diferenciados:

  • Diminuír os efectos da inflamación local, presente tanto no afrouxamento aséptico coma na infección
  • mellorar a integración do implante no óso, especialmente deficitaria no afrouxamento aséptico.

Para isto, no noso grupo buscamos dopar o material cirúrxico implantable (próteses, suturas, etc.) con fármacos con propiedades antiinflamatorias e/ou anabólicas. Do mesmo modo, mediante diferentes técnicas físicas, tratamos de modificar a superficie dos implantes para mellorar a osteointegración, osteoconducción e osteoinducción dos implantes, reducindo así a probabilidade de complicacións.