Alberto Jorge Mora

Dr. Alberto Jorge Mora

O Dr. Alberto Jorge Mora é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía tras completar a súa residencia no Hospital 12 de octubre en Madrid, onde exerceu como colaborador docente no departamento de cirurxía da Universidade Complutense

Posteriormente trasladouse a Santiago de Compostela, onde exerce como adxunto de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. É autor de múltiples publicacións clínicas e colaborador de estudos multicéntricos. Tamén é colaborador docente da Universidade de Santiago. Completou o seu doutorado en Medicina pola USC no desenvolvemento de tratamentos de superficies sobre metais Dende entón, conseguiu financiación como IP en varios proxectos nacionais e é investigador colaborador en numerosos de proxectos asociados ó grupo. O Dr. Jorge Mora ten grande interese nas modificacións de superficies de implantes para mellorar as súas propiedades biolóxicas, así como no uso de novas tecnoloxías aplicadas á cirurxía ortopédica, con especial énfase na aplicabilidade das tecnoloxías e reconstrución 3D para a práctica clínica. Grazas a este interese colaborou de forma activa na recreación e expansión da Unidade BBI:3D do grupo.