01

Figura 1: Acoplamento molecular entre o receptor humano toll-like 4 (TLR4) e un lipopolisacárido (LPS). O LPS actúa como un activador deste receptor.
Abordaxe farmacolóxica da artrose
Figura 2: Imaxe ampliada do acoplamento molecular observado entre o receptor humano TLR4 e o LPS.

Novas abordaxes farmacolóxicas para a artrose e outras enfermidades inflamatorias reumáticas.

 

Actualmente, as patoloxías musculoesqueléticas afectan aproximadamente a 1500 millóns de persoas. Concretamente, a artrose é a enfermidade reumática máis común. Esta patoloxía caracterízase pola progresiva degradación da cartilaxe articular, o que se traduce a nivel radiolóxico nun estreitamento do espazo intraarticular. Os síntomas da enfermidade son principalmente a dor, rixidez e inflamación articular. Segundo a Organización Mundial de la Salud, a artrose é unha das dez principais patoloxías que causa dor crónica e discapacidade. A pesares desta elevada incidencia, hoxe en día non existe un tratamento eficaz para esta patoloxía e só se dispoñen de tratamentos sintomáticos. Aínda que esta patoloxía é unha enfermidade esencialmente biomecánica, describiuse a presenza dun compoñente inflamatorio que contribúe ó inicio e ó desenvolvemento da artrose. Parte deste ambiente inflamatorio está mediado polas respostas inmunes innatas (RII) dos tecidos.

Polo tanto, o noso grupo investiga as principais rutas de sinalización inflamatorias implicadas neste proceso, e estuda a forma de bloquealas. Por elo, esta liña de investigación explora novas abordaxes farmacolóxicas, ben sexa a partir de fármacos existentes na prácticas clínica, como a partir de principios activos naturais. Desta forma, se estes compostos presentan actividade antiinflamatoria en ausencia de toxicidade, poderán ser potenciais ferramentas terapéuticas para tratar as patoloxías musculoesqueléticas.