03

Esquema da osificación heterotópica neuroxénica
Figura 1: Resumo gráfico da osificación heterotópica neuroxénica e a posible sinerxía entre un traumatismo cranio-encefálico e unha fractura de óso longo na formación de óso ectópico.

Procura de biomarcadores proteicos e celulares para a caracterización e diagnóstico da osificación heterotópica.

 

A osificación heterotópica é unha patoloxía que se caracteriza pola formación ectópica de óso laminar maduro en tecidos brandos, dando lugar a un alto grao de discapacidade, redución de movementos e independencia funcional, así como a un deterioro na calidade de vida.

O noso grupo céntrase no estudo dunha das variantes desta patoloxía: a osificación heterotópica neuroxénica asociada a traumatismos cranio-encefálicos. En concreto, centrámonos na busca de biomarcadores proteicos e celulares para a prevención e diagnóstico da enfermidade.

Do mesmo xeito, dada a escaseza de abordaxes terapéuticas eficaces e á invasividade dos mesmos, o noso grupo céntrase no estudo de novas terapias para a osificación heterotópica neuroxénica mediante o reposicionamento de fármacos.