Dr. Rodolfo Gómez

Dra. Susana Belén Bravo López

Química

A Dra. Susana B Bravo Licenciouse en Química Orgánica na Universidade de Santiago de Compostela en 1996. En 1997 realizou estudos sobre a determinación da estereoquímica de compostos por RMN no Departamento de Química Orgánica da mesma universidade para obter o grao de licenciada. En 1999 incorporouse ao grupo da Dra. Clara Álvarez no departamento de Fisioloxía da Facultade de Medicina da USC para a realización da tese de doutoramento. Durante a súa tese estableceuse un modelo de cultivos primarios de células neoplásicas tiroideas (BANTTIC), orixe dunha patente. En 2003 obtivo o doutoramento en Química con sobresaliente “cum laude” e premio de doutoramento, e continuou cos estudos sobre a fisiopatoloxía tiroidea empregando técnicas máis novidosas como a proteómica.

Desde 2013 incorporouse como responsable da Unidade de Proteómica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Ao longo da súa traxectoria científica recibiu 5 premios de investigación (1 premio da Sociedade Española e 2 da Sociedade Galega de Endocrinoloxía) e o premio Sergio Vidal ao mellor traballo de investigación biomédica. Ha participado y participa activamente en 27 proyectos nacionales e internacionales de los cuales ha sido IP en uno de ellos. Ha participado y participa activamente en 27 proyectos nacionales e internacionales de los cuales ha sido IP en uno de ellos. Ademais, impartiu numerosas horas de docencia, así como cursos de formación a empresas e á ACIS. Participa activamente na formación tanto de doutorandos como de licenciados e de FP. É coautora ademais de dúas patentes cos títulos “Líneas celulares e o seu uso para a identificación de fármacos para o carcinoma tiroideo” e “In vitro method for the diagnosis or prognosis of breast cancer”. Publicou 84 artigos en revistas de alto índice de impacto e 3 capítulos de libro.. O número total de citas é de 1185 e o h-index é 19.